FOCUS Compostela: Visitas histórico-fotográficas (o al revés)

xorde para poñer en valor o crecente interese por coñecer a identidade dos lugares que se transitan, o gusto pola imaxe e a pertenza de equipamentos audiovisuais na sociedade actual. Organizamos visitas guiadas combinadas coa creación de imaxe fixa ou en movemento para todas as idades, tendo como localización das nosas creacións a cidade de Compostela. As visitas de mesturan a divulgación cultural e tecnoloxía, é dicir, historia e creación de imaxes (ou do revés). Con estes novos testemuños audiovisuais, queremos realizar actividades paralelas, como masterclass, obradoiros presenciais, exposicións, e moito máis.
Este é o noso obxectivo: Focus Compostela!

Para a realización destas visitas, non é estrictamente preciso ter coñecementos de fotografía, nin o último modelo de cámara. Os materiais recomendables que se precisen virán especificados na páxina de cada visita, pero iso non quere dicir que sexan obrigatorios! Cos medios dos que dipoñas será máis que suficiente.


A quenes queiran levar unhas magníficas instantáneas da cidade grazas ao consello dun/ha profesional e coñecendo o seu contexto histórico, aspectos que dotarán ás imaxes creadas dun sentido completo e veraz. En definitiva, persoas con sensibilidade artística… pero sobre todo, quenes teñan ganas de pasalo ben!

Calquer soporte de rexistro de imaxes: equipo réflex, mirrorless, móbil ou tablet, analóxico ou pinhole… todos son válidos, pois o importante é a túa mirada!

Ademáis, levar un calzado cómodo e abrigo é boa idea.

Aviso COVID-19

Dado que as circunstancias actuais non permiten a realización das visitas guiadas nin actividades da maneira que temos acostumado, poñemos en coñecemento dos usuarios que temos tramitado o certificado de seguridade laboral fronte ao COVID-19 en referencia á actividade turística expedido pola Xunta de Galicia. Deste xeito, aseguramos a adopción de todas as medidas hixiénicas recomendadas para facer das nosas visitas fotográficas unha experiencia segura.