Roteiro fotográfico en Santiago de Compostela

Sen dúbida, a figura do Apóstolo e a peregrinaxe cara Santiago son cuestións que resultaron imprescindibles para o desenvolvemento de Compostela, pero existen outros motivos que acompañaron este grande impulso econónico e social na cidade. As pasaxes históricas que percorreremos axudarán a comprender a imaxe da cidade actual en comparación co seu pasado: a súa estrutura, as modificacións que foron sufrindo a rede viaria, a paisaxe urbana e a natural. Con eles como contexto, realizaremos as fotografías que levarás como recordo da cidade de Compostela.

Nesta visita atravesamos as prazas máis importantes, as rúas máis características e algún dos fermosos parques que rodean a cidade. Tamén nos achegaremos un pouquiño máis aló no discurso histórico, seguindo os testemuños da Compostela da época e as situacións que sucedan no noso camiño, pois en Santiago calquer cousa pode pasar!

Detalles

Duración aproximada: 3h (con paradas para repoñer forzas)
* Opción de 1hora e 30 minutos (Visita express)
Dificultade de marcha: Medio
Punto de encontro: Praza do Obradoiro (Pazo de San Xerome)
Equipo fotográfico: Sen precisar
Prezo: 40€ // Menores de 12 gratis // Descontos para grupos

Nota: Para que os maiores ou nenos en cadeira de rodas desfruten da visita, ponte en contacto con nós.

Recomendacións

Atravesaremos escaleiras, pasadizos, parques, soportais… Por iso o mellor é calzado cómodo para camiñar durante 3 horas aproximadamente. Podes traer un pequeno picnic se cres que é necesario, xunto co túa botella de auga. Que non cunda o pánico..! Temos previsto un descanso para tentenpé.

Recomendamos intentar elexir o equipo fotográfico máis lixeiro posible. Precisamos facilidade de movementos para os diferentes escenarios e situacións que atroparemos ao longo do camiño.

E se chove?

Non te avisaron? En Santiago sempre pode chover! É boa idea traer chubasqueiro e algo para protexer o teu equipo das inclemencias do tempo. Cada participante farase responsable da integridade do seu equipo durante a visita. En calquer caso, esta é causa estrela pola que un roteiro se cancele. Antes de non atender á cita pregámosche que nos avises. Se tes dúbidas, ponte en contacto.

Solicitude de reserva


    Que roteiros quererías facer? Podes seleccionar varios premendo a tecla "Control"

    Acepto a política de privacidade.