Termos e condicións para colaboradores/as

1. OBXECTO

FOCUS Compostela (en diante a organización) programa unha serie de obradoiros de fotografía inspirados nas galerías audiovisuais existentes da cidade de Compostela, poñendo en relación estes documentos con pasaxes históricas que faciliten a práctica dunha discilplina fotográfica concreta. Preténdese realizar a final de ano un catálogo colectivo e posiblemente outras actividades accesorias relacionadas cos obradoiros.

As visitas fanse en conxunto cunha Guía Oficial de Turismo de Galicia así como de distintos profesionais de fotografía e disciplinas afíns (en diante colaboradores/as).

2. FORMATO

O mínimo de asistentes para realizar a actividade é de 5 persoas, establecéndose un máximo de 10. En caso de non acadar dito número, a organización resérvase o dereito de cancelar ou postergar o obradoiro en cuestión.

Os obradoiros non rebasarán as 5 horas de duración presenciais, variando o horario de realización segundo se é quenda de mañá (de 10.00 horas a 15.00 horas) ou de tarde (de 17.00 horas a 22.00 horas) e unha hora virtual para a realización dunha posta en común a través da plataforma de Facebook. Todos os obradoiros responden a un mesmo esquema:

  • Iniciando a actividade cunha introducción teórica de aproximadamente unha hora na que se presentará o obradoiro, os colaboradores e participantes, e na que o fotógrafo/a utilizará para presentar o seu traballo, metodoloxía do obradoiro, referentes, etc. A guía de turismo, pola súa parte, amosará documentos audiovisuais e ofrecerá os conceptos oportunos para contextualizar históricamente a visita. Unha vez rematada a introducción, comeza a parte práctica do obradoiro, que será o groso do evento e ocupará o tempo restante (4 horas). Este tempo é utilizado polo fotógrafo/a para impartir o obradoiro e resolver as cuestións que xurdan ós/ás participantes. Unha vez completado o roteiro e cumprido o horario estipulado, a organización dará por rematada a actividade. Este feito non implica que tanto participantes coma colaboradores/as estean no seu pleno dereito de continuar ca práctica fotográfica, pero xa fóra do amparo do evento programado. Eximirase á organización de toda responsabilidade fóra do horario pactado nestas bases.
  • Realizarase unha posta en común virtual a través da plataforma de Facebook mediante o uso dos chamados “grupos pechados” da rede social. Establécese un límite máximo de 10 días trala realización do evento para que os participantes axunten as súas imaxes en dito grupo co fin de que os colaboradores/as as revisen, comenten, aconsellen aos participantes, etc. sobre o traballo presentado, e escollan de entre todas elas as 5 que consideren mellores realizadas durante o obradoiro que impartiron para a posterior realización dun catálogo colectivo. Empeñarán unha hora para levar a cabo esta tarefa no horario que eles/as consideren oportuno, sendo decisión propia continuar coa tutoría fora deste horario. Unha vez cumprida a hora pactada, a organización non ampara nin abona o tempo empeñado a maiores.

Con todo, cada obradoiro non superará as 6 horas de duración totais contanto con ambas modalidades: presencial e virutal.

3. DEBERES E RESPONSABILIDADES DAS PARTES

A actividade realizada por FOCUS Compostela limítase á reserva de entradas dos obradoiros programados a través da súa páxina web e á contextualización individualizada de cada un deles na parte teórica presencial, aportando materiais inspiracionais de distintas naturezas.

A parte práctica dos obradoiros ven desenvolvida íntegramente polos/as fotógrafos/as convidados/as, quenes propoñerán e levarán a cabo as distintas actividades que consideren ao longo do obradoiro para o desfrute dos asistentes, incluíndo pero non limitando á realización das mesmas en tempo e forma. Por ende, a organización non responderá fronte aos participantes por incumprimentos relacionados co funcionamento e desenrolo destes conceptos en cada un dos eventos. Será responsabilidade única do colaborador/a o correcto desarrollo do servizo pactado e contratado, así como de responder ante calquer situación que o comprometa directamente ante terceiros.

As obrigas, deberes e responsabilidades da organización para co/a colabora/a do proxecto, son:

  • FOCUS Compostela comprométese a aportar os materiais técnicos e medios necesarios para a eficiente realización da actividade e/ou previa petición dos/as colaboradores/as como materiais informáticos e/ou fotográficos que estean ó seu alacance.
  • FOCUS Compostela comprométese á correcta e veraz publicidade dos obradoiros conforme ás directrices pactadas entre as partes para garantir a asistencia do mínimo de participantes posibles, quedando a libre posibilidade dos colaboradores/as a difusión dos eventos impartidos por eles mesmos como dos eventos dos seus compañeiros dentro do proxecto xeral de FOCUS Compostela na edición 2019.
  • FOCUS Compostela declara que é de exclusiva responsabilidade do local ou locais onde se levan a cabo os obradoiros, o cumplimiento da normativa vixente e das condicións de seguridade que a autoridade esixa e, en xeral, de todos os elementos necesarios para a súa exitosa realización. Se os/as colaboradores/as ou participantes utilizan a rede eléctrica destes emprazamentos e experimentan calquer fallo na mesma (coa posibilidade dun deterioro do material electrónico que decidisen utilizar), eximirase á organización de toda responsabilidade a este respecto.
  • FOCUS Compostela non se fai responsable de ningún tipo de dano ou deterioro no material técnico utilizado durante a celebración dos obradoiros (tanto fotográfico coma doutra índole), ben sexa durante o roteiro ou nos lugares aos que se accede, como especialmente á perda ou sustracción dos mesmos tanto nestes emprazamentos coma nas zonas de traballo sinaladas para a realización do obradoiro de tránsito público. A contratación dun seguro de bens materiais quedará á decisión propia dos/as participantes así como dos/as colaboradores/as, eximindo á organización da responsabilidade ante estes feitos e igualmente de se facer cargo de calquer gasto extra incurrido polos usuarios no transcurrir do evento.

4. ENTRADAS

A participación nos obradoiros é prioritaria para os usuarios cando as entradas resérvanse a través da web, e son válidas únicamente para o evento e data indicados no site. FOCUS Compostela conta cun rexistro dos asistentes previa reserva telemática, polo que a pertenza e mostra dunha entrada non válida será doadamente detectable e negarase á persoa a súa participación. De ter interese en asistir a calquer obradoiro sen entrada previa, terán prioridade as persoas en listaxe de agarda e posteriormente permitirase a adquisición de entradas de forma presencial, achegándose ao lugar e data citados, realizando o pago ao contado.

As solicitudes de entradas recibidas no email do usuario teñen un mero valor informativo. O día do evento entregaranse entradas físicas numeradas aos asistentes previa comprobación dos datos persoais aportados por cada un durante o proceso de reserva na páxina web.

As entradas non poderán ser canxeadas para outro evento ou data, nin están suxeitos a cambios, reembolsos nin cancelacións unilaterais por parte dos participantes.

5. PREZO DAS ENTRADAS E FORMAS DE PAGO

Para a adquisición de entradas postas a disposición dos participantes potenciais a través da web, os usuarios deberán pagar un prezo final composto polos seguintes conceptos:

  • Prezo da entrada: corresponde á contía definida pola organización polo servizo prestado.
  • Impostos: os obradoiros levan un IVA repercutido do 21% incluido no prezo de venta ao público.

O pago das entradas por parte dos usuarios será recibido pola organización e, unha vez rematada a actividade, o/a colaborador/a fará chegar unha factura de servizos prestados conforme ao número de asistentes ao obradoiro a través do correo electrónico info@focuscompostela.com. Seguiranse os seguintes baremos:

  • Cun mínimo 5 participantes, abonarase o 55% do valor total de cada entrada.
  • Por cada novo participante (ata 10 asistentes), abonarase o 60% do valor total de cada entrada.

Todas as contías mostradas na web inclúen impostos (21% de IVE).

FOCUS Compostela comprométese a realizar o pago do servizo prestado mediante transferencia bancaria no prazo dunha semana despois de recibir a factura correspondente no seu correo electrónico.

A organización resérvase o dereito a permitir a asistencia de terceiros aos obradoiros (cun máximo de 3 persoas) en referencia a asistencia persoal nas distintas visitas, asistentes doutras actividades e/ou entidades e outras persoas externas que non contabilizarán na factura total das entradas postas á venda a través da web.

6. CANCELACIÓN DE PRAZAS POR PARTE DOS ASISTENTES

No caso de que os asistentes cancelen a súa praza con 5 días ou menos de antelación, non recibirán parte do pago da entrada segundo distintos baremos. Se para a celebración do obradoiro existisen menos prazas confirmadas que as necesarias para realizar o obradoiro normalmente (menos de 5), a organización resérvase o dereito de negociar co colaborador a posiblidade de continuar coa celebración do obradoiro, sempre e cando exista beneficio económico suficiente para ambas partes en función da contía percibida de tales cancelacións. Este suposto resérvase para a negociación privada entre organización e colaborador/a.

7. CANCELACIÓN OU POSTERGACIÓN DOS OBRADOIROS

Os casos nos que se pode cancelar/postergar un obradoiro por parte da organización ou do/a colaborador/a son as seguintes:

  • Por causas de forza maior: enfermidade ou accidente incapacitante o día previo do evento, causas familiares (dependencia, morte, etc).
  • Non acadar o número mínimo de asistentes, poñendo como tope 6 horas anteriores á realización dos eventos, isto é: ás 04.00h do día previo á celebración do evento na quenda de mañá e 11.00h do mesmo día do evento na quenda de tarde.
  • Meteoroloxía adversa
  • Outras causas xustificadas

No caso de que o colaborador/a véxase na obriga de postergar o obradoiro cunha das anteriores causas debidamente xustificadas, terá que indicar necesariamente unha nova data de realización do obradoiro. A organización resérvase o dereito de conceder dito cambio ou cancelar a actividade de forma unilateral.

No caso de que o colaborador/a non se presentase no día e hora convenidos polas partes no punto de encontro (“no-show”), non terá dereito a reclamar pago algún en calquer concepto solicitado, incurrindo incluso na obriga de abonar á organización o 50% do valor de todas as entradas vendidas en concepto de compensación económica por incumprimento de servizo.

8. INTERPRETACIÓN E SINATURA VIRTUAL

Coa sinatura virtual a través do seguinte formulario, o colaborador/a acepta os presentes termos e condicións propostos pola organización, considerando ambas partes este acordo como vinculante e válido.

A organización resérvase o dereito de modificar os presentes termos e condicións do servizo en calquer momento. As modificacións comezarán a rexir dende o momento da súa publicación neste sitio web e/ou por correo electrónico aportado polos participantes dos obradoiros e colaboradores.

    8. DEREITOS DE IMAXE

    Durante a realización dos obradoiros, a organización realizará documentos audiovisuais captando a imaxe dos particpantes e colaboradores/as, tanto en formato vídeo como imaxe estática. O uso destas imaxes limítase a fins publicitarios das actividades de FOCUS Compostela nos medios de comunicación que considere oportunos, tanto dixitais coma físicos para a edición, exhibición e posibles accións de promoción, tales como:

    a) Páxina web, blogs e canais de vídeo especializado ou cualquer outro soporte online oficial da organización e de terceiros.

    b) Publicacións e documentos internos da organización para a elaboración de dossieres e/ou reportaxes para difusión propia.

    c) Medios de comunicación (revistas, web, cartelería, folletos publicitarios, spots de televisión e internet, etc) de ámbito local, comarcal ou nacional.

    Acepto a captación e uso da miña imaxe persoal para fins publicitariosNon acepto a captación e uso da miña imaxe persoal para fins publicitarios

    No referente ás imaxes creadas polos participantes e colaboradores/as durante a celebración dos obradoiros, éstas serán cedidas á organización como meros elementos de publicidade para a páxina web, redes sociais e outros medios de comunicacións, sempre acreditando a autoría e non optando a dereitos de explotación económica de ningunha natureza. Os dereitos de propiedade intelectual destas fotografías serán sempre dos seus autores, excepto se deciden facer uso da lizenzas de copyleft ou creative commons, coas que permiten a terceiros facer uso delas sen ningunha restricción.

    E para que así conste,

    con número de documento de identidade e email de contacto , acepta as presentes condicións e termos de realización do servizo estipulados para a actividade acordadas no proxecto FOCUS Compostela.

    , a .