Termos e condicións

1. OBXECTO

FOCUS Compostela (en diante a organización) programa unha serie de obradoiros de creación de imaxe fixa e en movemento inspirados nas galerías audiovisuais existentes da cidade de Compostela, poñendo en relación estes documentos con pasaxes históricas que faciliten a práctica dunha disciplina audiovisual concreta. Preténdese realizar a final de ano un catálogo colectivo e posiblemente outras actividades accesorias relacionadas cos obradoiros, coma concursos e exposicións.

As visitas fanse en conxunto cunha Guía Oficial de Turismo de Galicia así como de distintos profesionais de fotografía e disciplinas afíns (en diante colaboradores/as).

O mínimo de asistentes para realizar a actividade é de 5 persoas, establecéndose un máximo de 10. En caso de non acadar dito número, a organización resérvase o dereito de cancelar ou postergar o obradoiro en cuestión.

2. FORMATO

Os obradoiros non rebasarán as 5 horas de duración presenciais, (variando o horario de realización segundo se é quenda de mañá -de 10.00 horas a 15.00 horas- ou de tarde -de 17.00 horas a 22.00 horas-) e unha hora virtual para a realización dunha posta en común online.O formato responde a un mesmo esquema, iniciando cunha introducción teórica de aproximadamente unha hora e centrando o groso do evento na parte práctica, que ocupará o tempo restante. Unha vez cumprido o horario presencial estipulado, a organización dará por rematada a actividade, o que non implica que tanto participantes coma colaboradores/as estean no seu pleno dereito continuar ca práctica fotográfica/audiovisual levada a cabo, pero xa fóra do amparo do evento programado. Eximirase á organización de toda responsabilidade fóra do horario pactado nestas bases.

Establécese un límite de 10 días para facer chegar as fotografías que os participantes desexen amosar na posta en común virtual en Facebook na que os fotógrafos/as ofrezan indicacións, valoracións, consellos… e os compañeiros aprendamos uns dos outros. A mellor fotografía de cada un incluirase nun catálogo colectivo.

3. RESPONSABILIDADE DA ORGANIZACIÓN

A actividade realizada por FOCUS Compostela limítase á reserva de entradas dos obradoiros programados na súa páxina web e á contextualización individualizada de cada un deles na parte teórica, aportando materiais inspiracionais de distintas naturezas. A parte práctica dos obradoiros ven desenvolvida íntegramente polos/as profesionais convidados/as, quenes propoñerán e levarán a cabo as distintas actividades que consideren ao longo do obradoiro para o desfrute dos asistentes, incluíndo pero non limitando á realización das mesmas en tempo e forma. Por ende, a organización non responderá fronte aos participantes por incumprimentos relacionados co funcionamento e desenrolo destes conceptos en cada un dos eventos. Será responsabilidade única do colaborador/a o correcto desarrollo do servizo pactado e contratado, así como de responder ante calquer situación que o comprometa directamente ante terceiros.

FOCUS Compostela declara que é de exclusiva responsabilidade do local ou locais onde se levan a cabo os obradoiros, o cumplimiento da normativa vixente e das condicións de seguridade que a autoridade esixa e, en xeral, de todos os elementos necesarios para a súa exitosa realización. Se os/as colaboradores/as ou participantes utilizan a rede eléctrica destes emprazamentos e experimentan calquer fallo na mesma (coa posibilidade dun deterioro do material electrónico que decidisen utilizar), eximirase á organización de toda responsabilidade a este respecto.

FOCUS Compostela non se fai responsable de ningún tipo de dano no material técnico utilizado durante a celebración dos obradoiros, ben sexa durante o roteiro ou nos lugares aos que se accede, como especialmente á perda ou sustración dos mesmos tanto nestes emprazamentos coma nas zonas de traballo sinaladas para a realización do obradoiro de tránsito público. A contratación dun seguro de bens materiais quedará á decisión propia dos/as participantes así como dos/as colaboradores/as, eximindo á organización da responsabilidade ante estes feitos e igualmente de se facer cargo de calquer gasto extra incurrido polos usuarios no transcurrir do evento.

4. ENTRADAS

A participación nos obradoiros é prioritaria para os usuarios cando as entradas resérvanse a través da web, e son válidas únicamente para o evento e data indicados no site. FOCUS Compostela conta cun rexistro dos asistentes previa reserva telemática, polo que a pertenza e mostra dunha entrada non válida será doadamente detectable e negarase á persoa a súa participación. De ter interese en asistir a calquer obradoiro sen entrada previa, terán prioridade as persoas en listaxe de agarda e posteriormente permitirase a adquisición de entradas de forma presencial, achegándose ao lugar e data citados, realizando o pago ao contado.

As solicitudes de entradas recibidas no email do usuario teñen un mero valor informativo. O día do evento entregaranse entradas físicas numeradas aos asistentes previa comprobación dos datos persoais aportados por cada un durante o proceso de reserva na páxina web.

As entradas non poderán ser canxeadas para outro evento ou data, nin están suxeitos a cambios, reembolsos nin cancelacións unilaterais por parte do particpantes.

5. PREZO DAS ENTRADAS E FORMAS DE PAGO

Para a adquisición de entradas postas a disposición dos participantes potenciais a través da web, os usuarios deberán pagar un prezo final composto polos seguintes conceptos:

  • Prezo da entrada: Corresponde á contía definida pola organización polo servizo prestado.
  • Impostos: os obradoiros levan un IVA repercutido do 21% incluido no prezo de venta ao público.

En cando as formas de pago, existen días: pago mediante transferencia bancaria ou pago ao contado:

  • Os usuarios poderán pagar as entradas a través da súa banca electrónica ou física auditorizadas. Unha vez se realice a solicitude de compra na páxina web, o usuario ten 2 días hábiles para facer efectiva a transferencia. Unha vez rexistrados os seus datos básicos de contacto, o usuario fará chegar o xustificante de pago a través do correo info@focuscompostela.com. Esta modalidade de pago ten prioridade fronte a outros usuarios en canto á asistencia aos obradoiros.
  • No caso de que non existan máis entradas á venda permitidas na páxina web, facilitarase a solicitude das mesmas a través dunha listaxe de agarda. En caso de que algún dos participantes xa anotados que pagasen a entrada e rexeitase asistir ao obradoiro, os participantes en listaxe de agarda serán notificados por orde e segundo a antelación da baixa, realizarán o pago por transferencia ou en efectivo o día do evento.

6. CANCELACIÓN OU POSTERGACIÓN DOS OBRADOIROS

En caso de que por decisión da organización sexa imposible a realización dos obradoiros na data e horario previamente anunciado ao público e se decida cancelalos, os usuarios que xa realizaran o pagamento da entrada poderán solicitar o reembolso do prezo íntegro. A notificación desta decisión farase pública tanto na web como en redes sociais e mediante a comunicación directa cos participantes que abonasen a entrada con anterioridade a través dos datos de contacto básicos aportados durante o proceso de reserva da praza.

Tratándose da postergación dos obradoiros para unha nova data e hora, o adquirinte poderá optar por devolver a entrada e solicitar o reembolso do prezo final que pagase por ela, (axustándose aos prazos informados e publicados no presente documento), ou canxeala para a participación doutro dos obradoiros programados, baixo solicitude expresa á organización.

Con todo, o adquirinte da entrada para o evento postergado/cancelado só poderá solicitar o canxe/devolución mediante email ou chamada telefónica ata dous días despois do anuncio de dita postergación/cancelación. Este anuncio farase de forma xeral na páxina web e redes sociais así como de forma individualizada mediante comunicación por correo electrónico. Pasado este prazo e de non recibir acuse de recibo, o usuario perderá todo dereito a canxe ou reembolso.

A organización resérvase o dereito de postergar o obradoiro en datas posteriores, anunciándoo ós/ás participantes previamente interesados, ofrecéndolles preferencia fronte a novas reservas.

7. REEMBOLSO DE ENTRADAS

En caso de que non se acaden as prazas mínimas para os obradoiros no tempo prudencial estipulado, a devolución das entradas ós/ás participantes que as abonasen a través da web, recibirán automáticamente a contía pagada mediante transferencia bancaria sen necesidade de solicitalo formalmente.

En caso de que o participante con praza confirmada desistise da asistiencia ao obradoiro de maneira unilateral, terá dereito de recibir total ou parcialmente o reembolso da súa entrada segundo os seguintes baremos:

  • Se cancela a asistencia con 6 días ou máis de antelación, percibirá o valor total abonado.
  • Se cancela a asistencia con 5 días de antelación, percibirá o 80% do valor total abonado.
  • Se cancela a asistencia con 4 días de antelación, percibirá o 60% do valor total abonado.
  • Se cancela a asistencia con 3 días de antelación, percibirá o 40% do valor total abonado.
  • Se cancela a asistencia con 2 días de antelación, percibirá o 20% do valor total abonado.
  • Se cancela o día previo á celebración do obradoiro ou non acude na data e hora sinalada, non terá dereito a recibir cuantía alguna.

O reembolso da entrada dentro das condicións aceptadas e expostas anteriormente, realizarase mediante o mesmo medio en que foi adquirida (transferencia bancaria ou pago en efectivo).

O reembolso da entrada no caso de pago en efectivo convirase cos participantes de forma individual.

No caso de pago por transferencia, realizarase unha vez a organización reciba os datos solicitados anterioremente e farase efectivo no prazo de dous días hábiles.

Calquer solicitude de reembolso farase chegar a través de correo electrónico ou telefónicamente.

8. INTERPRETACIÓN

Mediante esta aceptación, o usuario consinte expresamente en liberar a FOCUS Compostela de calquer responsabilidade derivada da falta cometida polo usuario en canto a calquer lei aplicable á comercialización de entradas. Será responsabilidade do usuario a correcta tramitación do pago das entradas coa entidade bancaria que fora da súa elección.

A organización resérvase o dereito de modificar os presentes termos e condicións do servizo en calquer momento. As modificacións comezarán a rexir dende o momento da súa publicación neste sitio web e/ou por correo electrónico aportado polos participantes dos obradoiros e colaboradores.

9. IMAXES PARA CATÁLOGO COLECTIVO E PUBLICIDADE

No referente ás imaxes creadas polos participantes durante a celebración dos obradoiros, a reproducción das mesmas será permitida á organización para a elaboración dun catálogo colectivo, para publicidade tanto para a páxina web, redes sociais e outros medios de comunicación, sempre acreditando a súa autoría e non optando a dereitos de explotación económica de ningunha natureza. Os dereitos de propiedade intelectual das imaxes serán sempre dos seus autores, excepto se deciden facer uso da lizenzas de copyleft ou creative commons, coas que permiten a terceiros facer uso delas sen ningunha restricción. Para o álbum colectivo, pedirase aos/ás participantes que fagan chegar as imaxes seleccionadas en calidade total ao enderezo electrónico facilitado para tal fin.

10. CONTACTO 

Calquer tipo de consulta e/ou reclamo deber? ser enviada ao enderezo electrónico info@focuscompostela.com ou mediante a cumprimentación do formulario de contacto habilitado na páxina web.