Camiños á beira do Sarela con Ariadna Silva

65,00 IVA incl.

Camiños á beira do Sarela

Roteiro fotográfico con Ariadna Silva Fernández ao longo do trazado do Río Sarela no que descubriremos a relación entre paisaxe, autobiografía e memoria.

Data: Sábado 13 de Abril de 2019
Hora: 10.00 – 15.00

ABRIL 2019

 

Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30

Mínimo 5 participantes

Esgotado

Categoría: Etiqueta:

Descripción

Santiago de Compostela destaca por ser o destino dun longo camiño e por ser unha cidade que oscila entre o urbán e o rural, sendo precisamente esta segunda área a que permitiu a súa evolución e crecemento. Este obradoiro transcorre a carón do Río Sarela, dende a súa confluencia coa cidade e as entranas da fraga. O río é un camiño en si mesmo, polo que realizaremos un pequeno traxecto ao longo do seu trazado mostrando previamente o seu contexto histrico.

Metolodoxía

O obradoiro contará cunha introducción teórica do concepto de paisaxe e da súa presencia na hisotria da fotografía, mostrando referentes vinculados á mesma e amosando a relación existente entre paisaxe e identidade, entendido como a retroalimentación existente entre as persoas que habitan un lugar e o espazo en si mesmo.

Obxectivos

Realizaremos un caderno de campo que inclúa as fotografías tomadas ao longo do camiño, elementos orgánicos (follas, flores…), apuntamentos/bosquexos e calquer outro compoñente do espazo que sexa resultado do encontro fortuito no lugar transitado. Todas as fotografías deben establecer un diálogo co resto de materiais recollidos, pois a finalidade é realizar un caderno que reflexe o discurso entre suxeito-espazo de forma lóxica e veraz, tendo en conta a mirada do participante.

Non é preciso contar cun coñecemento exhaustivo da técnica fotográfica, pero si que se mostre unha sensibilidade pola natureza e pola creación artística.

Materiais

  • Dispositivo fotográfico (cámara, teléfono móbil, tablet…)
  • Un caderno en branco
  • Un bolígrafo
  • Calzado cómodo, roupa de abrigo e lentes de sol segundo a meteoroloxía

Poñemos a disposición o servizo de aluguer de equipos fotográficos, bota unha ollada!

 

Biografía da autora

Ariadna Silva Fernández
(A Estrada, Pontevedra),1996.

Estudante do Máster en Fotografía Artística e Narrativas Fotográficas Documentais na Escuela TAI e do Grao en Comunicación Audiovisual pola Universidad Oberta de Catalunya. Foi seleccionada no Canon Student Program 2017 do Festival Internacional de Fotoperiodismo Visa Pour l’image de Perpignan e publicou en 2018 o fotolibro “Fillos do vento” (BANCO Editorial), un relato persoal sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo. En outubro de 2018 recibe a Beca Albarracín co proxecto “Cartografa do esquecemento”, unha reflexión sobre as transformacións que está a sufrir a paisaxe galega por mor das plantacións masivas de monocultivos e dos lumes. En liñas xerais, o seu traballo fotográfico e audiovisual céntrase en realizar investigacións co territorio galego como pretexto para tratar cuestións relacionadas coa identidade.