Roteiro Fotográfico Luces de Compostela

25,00 IVA incl.

Idioma: Galego

Cando se vai agochando o sol, comeza o mellor momento para captar as luces que se pousan paseniño sobre as lousas graníticas da cidade. Nesta visita captaremos imaxes da zona monumental durante a hora azul. Coa calma que se precisa nesta modalidade, acompañaremos este rato con anécdotas dos personaxes máis influintes da cidade e algún que outro rumor que se traslada de séculos en séculos… Quen agarda tralas sombras de Compostela?

  • Non son necesarios coñecementos de fotografía.
  • É unha actividade apta para todas as idades (os cativos menores de 12 virán acompañados dun adulto).

Horario: 21h a 22h 30 (aprox)
Dificultade de marcha: Baixo
Equipo fotográfico necesario: Trípode ou monopé idealmente
Prezo: 25 euros
De 12 a 17 anos: 5 euros
Menores de 12 anos: Gratis
Descontos para grupos

Esgotado

Categoría: Etiqueta:

Descripción

Nesta visita realizaremos fotografías da zona monumental durante os últimos raios do sol ata que os haces das farolas dominen a escea. Propoñemos retratar as nosas prazas e rúas mentres escoitamos tradicións, faladurías e historias das personaxes míticas de Compostela. Un percorrido distinto ó longo dunha hora moi especial, a hora azul e un chisco de noite.

Recomendacións

Aínda que a visita transcorre a un ritmo pausado, desprazaremonos ata certa distancia polo que calquer calzado cómodo é benvido. Ademáis, cun verán tan imprevisible coma o noso, mellor traer un abrigo, especialmente se es frioleiro.

O único que consideramos como materiais mínimos son un trípode ou monopé e o equipamento que teñas a disposición, pois trátase tamén de sacarlle partido aos nosos equipos. No caso de que non teñas trípode, ponte en contacto con nós para atopar unha solución! Esta visita trátase de realizar fotografías nocturnas e de longa exposición.

O ideal sería tentar elexir o equipo fotográfico máis lixeiro posible, sendo o móbil ou tablet perfectamente válidos para realizar as postais da cidade. Se te decides a traer unha cámara reflex ou mirrorless, pode ser boa idea o uso dun obxectivo o máis angular posible, aínda que non é estrictamente necesario. O equipo do que dispoñas será perfectamente válido!

E se chove?

Non te avisaron? En Santiago sempre pode chover! É boa idea traer chubasqueiro e algo para protexer o teu equipo das inclemencias do tempo. Cada participante farase responsable da integridade do seu equipo durante a visita. No caso de chuvia feble ou intermitente, a visita pode seguir en pé. Antes de non atender á cita pregámosche que nos avises. Se tes dúbidas, ponte en contacto ou le as condicións do servizo.

 

 

Horario: 21h a 22h 30 (aprox)
Dificultade de marcha: Baixo
Equipo fotográfico necesario: Trípode ou monopé idealmente
Punto de encontro: Praza de Cervantes