PARABÉNS!
Vimos de recibir a confirmación da túa praza para participar nos nosos obradoiros, moitas grazas! A continuación pasámosche os últimos detalles para que non esquezas o que precisas:
CÁMARA
Pode que teñas un equipo completo de fotografía dixital ou que o teu smartphone ou tablet boten fume por fotografar cada detalle… Mesmo se prefires a fotografía analóxica, o importante é a túa mirada!
Iso si, leva ben de baterías, carretes e traxetas.
CALZADO CÓMODO
Atravesaremos escaleiras, pasadizos, parques, soportais… Por iso o mellor é contar cun calzado apto para camiñar un chisco e roupa cómoda para moverte áxilmente.
De tódolos xeitos, que non cunda o pánico! A dificultade de marcha é sinxela.
PIQUE-NIQUE
A duración da parte práctica son 4 horas, e van de seguido. É posbile que nalgún momento che entre a fame ou se cadra que queiras beber. Aconsellamos levar un pequeno tentempé, pois a hora de finalización dos obradoiros nas quendas de mañá e tarde é arredor das 15.00 horas e das 22.00 horas respectivamente. Tamén hai obradoiros nos que compartimos o almorzo!E SE CHOVE?
Non te avisaron? En Santiago sempre pode chover! É boa idea traer chubasqueiro e algo para protexer o teu equipo das inclemencias do tempo. En calquer caso, esta é causa estrela pola que un roteiro se cancele. Antes de non atender á cita pregámosche que nos avises.«Chove en Santiago / meu doce amor. / Camelia branca do ar / brila entebrecida ó sol. / Chove en Santiago / na noite escrura. / Herbas de prata e de sono / cobren a valeira lúa. / Olla a choiva pol-a rúa, / laio de pedra e cristal./ ?Olla no vento esvaído / soma e cinza do teu mar. / Soma e cinza do teu mar / Santiago, lonxe do sol. / Agoa da mañán anterga / trema no meu corazón.» Gabriel García MárquezSe tes calquer dúbida, ponte en contacto con nós!