HISTORIA + FOTOGRAFÍA (OU DO REVÉS)

A invención da fotografía no século XIX supuxo unha indudable revolución na maneira de “mirar” da Humanidade.

A emocionante evolución que sufríu a disciplina fotográfica (tanto técnica como conceptualmente), provocou sendas controversias en torno ás ideas instauradas de “realidade”, “arte” ou “verosimilitude”. Co seu nacemento nunha época de grandes avances tecnolóxicos, comézanse a retratar os elementos máis evidentes do espazo común (paisaxes, edificios, monumentos…) co fin de construir a memoria colectiva, difundir propaganda política ou divulgar cuestións relativas á cultura e ás ciencias da época.

Debido á capacidade técnica de reproducción fidedigna do suxeito retratado, a fotografía remprazaría a hexemonía dos debuxos, pinturas, estampas ou maquetas que viñan deixando o testemuño daquelo que permanece, do que supostamente existe. Deste xeito recibe as credenciais colectivas que lle permiten ostentar a “verdade”, mais cuns inicios meramente testimoniais.

A progresiva democratización da técnica permitíu que agromaran multitude de negocios fotográficos, os cales comezaron retratando ás capas da sociedade máis adiñeiradas para pasar, pouco a pouco, a outros estratos e representar motivos cada vez máis abstractos e persoais. Xéstase así, unha nova linguaxe que foi abandonando o seu exclusivo compromiso documental para se converter nun medio de expresión artística por si mesmo, sendo finalmente categorizada no século XX, como unha nova rama das Belas Artes.

Podemos dicir que a fotografía mudou para sempre a relación das persoas co seu presente individual e coa memoria colectiva da sociedade á que pertence.

Manuel Chicharro, 1884. BNE

FOCUS COMPOSTELA É UNHA PROPOSTA ARTÍSTICA E CULTURAL COLECTIVA
PARA RESIDENTES E VISITANTES EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, QUE CONXUGA
A DIVULGACIÓN DA SÚA HISTORIA COA CREACIÓN AUDIOVISUAL.

Xorde para poñer en valor o crecente interese por coñecer a identidade dos lugares que se transitan, o gusto pola imaxe e a pertenza de equipamentos audiovisuais na sociedade actual. A iniciativa comezou en 2016 realizando visitas guiadas para os visitantes da cidade de Compostela combinadas coa creación de imaxe fixa ou en movemento. Dende 2019 a labor extendeuse aos visitantes procedentes doutros puntos de Galiza ao realizar as visitas en lingua galega, con especial interese do proxecto pola participación da poboación local.

Para a realización destes itinerarios non é indispensable ter coñecementos de fotografía avanzados. As propostas de creación irán encamiñadas á mellora das destrezas xa adquiridas sen importar o nivel, afondando nas técnicas de creación fotográfica e videográfica segundo os intereses dos e das participantes: persoas con sensibilidade artística que queiran tomar imaxes de Compostela cun sentido profundo, coñecendo o contexto dos espazos que retratan e que outros captaron anteriormente.

Tampouco precísase ter o último modelo de equipamento audiovisual, pois o importante é a túa mirada. Calquer soporte de rexistro de imaxes é perfectamente válido: equipo réflex, mirrorless, móbil o tablet, analóxico ou pinhole… Cos medios dos que dipoñas será máis que suficiente, aínda que recomendamos en certos casos, uns materiais concretos opcionais para acadar un mellor resultado segundo a modalidade proposta.

Levar un calzado cómodo e abrigo sempre é boa idea!

Sabes que tamén organizamos obradoiros con profesionais da fotografía? Bota unha ollada aos últimas actividades presenciais (edición 2019):