Formulario alguguer Canon EOS 60D

A cámara que queres alugar é a Canon EOS 60D, un equipo todo-terreo válido para todo tipo de retos fotográficos e videográficos. Ten pantalla abatible, posibilidade de engadir un flash externo, microfonía a través de mini-jack, e flash incorporado. Podes incluso grabar a cámara lenta!

Gustaríache usala nos nosos obradoiros? Para iso, temos unhas cláusulas que debes aceptar necesariamente:

– O aluguer do equipo comprende o préstamos ao longo do obradoiro únicamente (horario de 10:00 a 15:00h ou de 17:00h a 22:00h). Unha vez se cumpra o horario do obradoiro, o equipo e accesorios prestados entregarase á organización sen ningunha cuestión negociable.

– O equipo trae as baterías cargadas completamente. Non é necesario que o usuario realice a carga do mesmo.

– O equipo alúgase por un valor de 55€ /obradoiro, incluíndo: tapa frontal do sensor, dúas baterías e un cargador orixinal, todo entregado nunha mochila de transporte. O pago realízase no momento de comezar o obradoiro.

– O usuario encargarase de que tanto o material como a bolsa de transporte se garden en boas condicións e en lugares secos.

– No caso de engadir outros materiais, será sempre responsabilidade do usuario a correcta utilización e trato.

– Ao finalizar os obradoiros, a organización comprobará a funcionalidade do equipo. En caso de sufrir caídas, roturas, roces, etc. serán fácilmente detectables, polo que o usuario comprométese ao pago da cuantía total de reparación/substitución do equipo e dos seus compoñentes. Para este modelo, o pago por danos correspóndese con 450€, mentres que os compoñentes teñen o seu valor por separado (obxectivo: 150€ II tarxeta de memoria: 18€).

Outros accesorios dispoñibles para este equipo:

Erro: Formulario de contacto non atopado.