O proxecto

Detrás de FOCUS Compostela hai unha artista e realizadora audiovisual de Compostela, a miña cidade natal.

Arquivo persoal

Chámome Laura Menéndez e en 2015 arranquei este proxecto de forma presencial con roteiros e actividades fotográficas. En 2020 recibín o apoio do Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España gracias ás Axudas para a modernización e innovación dixital no sector das artes visuais. A partir deste punto, o proxecto vira cara á creación dunha app móbil que permite espallar e democratizar a memoria de Compostela dende un prisma creativo, onde o usuario é tamén creador.

Ao longo do camiño poderemos observar as imaxes históricas da cidade xeolocalizadas nos puntos onde foron tomadas, procedentes de diferentes fototecas como as do Instituto de Patrimonio Cultural de España, do Insituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento – CSIC, o Victoria & Albert Museum de Londres entre outras entidades que xa colaboran con esta iniciativa.

En realidade, sempre falamos de memoria en movemento!

Por que este proxecto?

As testemuñas que se conservan da cidade axúdannos a comprender aos devanceiros e pescudar as razóns polas que a cidade está actualmente configurada tal e como a vemos. Obter un contexto profundo nas nosas fotografías faise unha parada case obrigatoria nestes tempos tan frenéticos… por que non adicar un anaquiño de tempo a obter respostas e mesmo plantexar novas preguntas?

Fotografía estenopeica - FOCUS Compostela
Fotografía estenopeica - FOCUS Compostela
Arquivo Focus Compostela, 2020

Cada golpe de obturador fai da nosa Compostela unha cidade un pouquiño máis inmortal, e coido que iso debe continuar. A idea é transitar, deambular e captar a cidade a través do lente da nosa cámara para, ademáis, confeccionar en todas un álbum contemporáneo e colaborativo de Santiago. Poderás mellorar as túas competencias en fotografía mentres descubres Compostela! A nosa app conta con ferramentas de fotografía e mesmo filtros que emulan algunhas das técnicas de copia pioneiras, alén da súa historia. Ademáis propoñemos diferentes actividades vencelladas ás artes visuais, como son a realización de fotografías con cámara estenopeica ou a captura de paisaxes sonoras. A primeira versión xa está dispoñible para Android e IOs!

Descarga a app!

Quéreste poñer en contacto?

Podes utilizar o seguinte formulario para realizar preguntas, suxestións sobre o proxecto ou propostas de traballo. Mesmo simplemente saudar 🙂 Graciñas!

    O teu nome (requerido)
    Enderezo electrónico (requerido)
    Asunto
    Mensaxe