Roteiro Luces de Compostela


Cando se vai agochando o sol, comeza o mellor momento para captar as luces que se pousan paseniño sobre as lousas graníticas da cidade. Nesta visita captaremos imaxes da zona monumental durante a hora dourada e a hora azul. Coa calma que se precisa nesta modalidade, acompañaremos este rato con anécdotas dos personaxes máis influintes da cidade e algún que outro rumor que se traslada de séculos en séculos… Quen agarda tralas sombras de Compostela?

Nesta visita realizaremos fotografías da zona monumental durante os últimos raios do sol ata que as farolas dominen a escea. Propoñemos retratar as nosas prazas e rúas mentres escoitamos tradicións, faladurías e historias dos personaxes míticos de Compostela. Un percorrido distinto ó longo dunha hora moi especial, a hora azul!

Detalles

Duración: 1h 30 aprox
Dificultade de marcha: Baixa
Punto de encontro: Praza de Cervantes
Equipo fotográfico: Trípode
Prezo: 22€ (descontos para grupos)

Nota: Para que os maiores ou nenos en cadeira de rodas desfruten da visita, ponte en contacto con nós.

Recomendacións

Aínda que a visita transcorre a un ritmo pausado, desprazaremonos ata certa distancia polo que calquer calzado cómodo é benvido. Ademáis, cun verán tan imprevisible coma o noso, mellor non escatimar en chaquetas, especialmente se es frioleiro.
O único que consideramos como materiais mínimos son un trípode e o equipamento que teñas a disposición, pois trátase tamén de sacarlle partido aos nosos equipos. No caso de que non teñas trípode, ponte en contacto con nós.

E se chove?

Non te avisaron? En Santiago sempre pode chover! É boa idea traer chubasqueiro e algo para protexer o teu equipo das inclemencias do tempo. Cada participante farase responsable da integridade do seu equipo durante a visita. En calquer caso, esta é causa estrela pola que un roteiro se cancele. Antes de non atender á cita pregámosche que nos avises. Se tes dúbidas, ponte en contacto.

Solicitude de reserva


    Que roteiros quererías facer? Podes seleccionar varios premendo a tecla "Control"

    Acepto a política de privacidade.