Fotografía Emocional con Fuco Reyes
65,00€ IVA incl.
Fotografía emocional en Compostela
Roteiro fotográfico con Fuco Reyes nunha deriva fotográfica na que sentir os espazos a través dos sentidos e emocións que ese lugares nos evoquen. Un obradoiro que conxuga observación, improvisación fotográfica e instrospección.
Data: Domingo 17 de Marzo de 2019
Hora: 10.00 – 15.00
MARZO 2019
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Mínimo 5 participantes
Esgotado
Descripción
Deriva fotográfica cun gran compoñente introspectivo. Deixarse levar polas emocións fronte ós elementos cos que nos imos atopando no noso camiño.
Metodoloxía
Ser conscentes de como determinados lugares aféctannos e como podemos utilizar esa percepción para realizar fotografías que teñan un compoñente poético e persoal. Reflectir na fotografía o que sentimos dentro nos intres antes de disparar.
Obxectivos do obradoiro
Construir mapas emocionais da cidade a través dun paseo consciente ata lugares insospeitados. Miraremos a cidade como nunca antes a tiñamos visto, como se fose a primeira vez, permitindo que o ollo observe sen intención máis que a de deixarse levar. As emocións que nos xeneran os elementos e lugares que nos imos atopando evocarán realmente as fotografías que tomemos.
Que se precisa?
- Calquera dispositivo que poida rexistrar unha imaxe, xa sexa unha cámara réflex ou un móbil.
- Calzado cómodo e abrigo.
Poñemos a disposición o servizo de aluguer de equipos fotográficos, bota unha ollada!
Biografía do autor
O meu punto de partida ten que ver coa idea de que ao contemplar o mundo non só influimos no que vemos se non que o observado tamén repercute no observador. Así, construimos a nosa realidade máis persoal e social, ao igual que o significado das imaxes que creamos, de maneira que a fotografía perde a conexión co seu referente e devén nalgo con entidade propia por si mesma.
Este acto de creación tamén de responsabilidade, xa que o construido tamén forma parte de nós mesmos, defínenos e modélanos persoal, social e culturalmente. Interésame comprender como damos un significado que vemos, e como no acto de fotografar podemos xerar novas atribucións de sentido que modelan os nosos modos de mirar nun proceso recursivo sen fin.
A través dunha evolución na que vou axustando a maneira en que percibo o mundo, me manexo co silencio como estratexia, co tempo como eterno momento presente, e cos espazos como portas ou fiestras a lugares que quero visitar dun modo fantasmático, de maneira que me poden levar cara adiante a unha utopía, ou traerme de volta a algún lugar de min mesmo.