Día Mundial da fotografía estenopeica 2019

30,00 IVA incl.

O 28 de Abril deste ano celébrase o Día Mundial da Fotografía Estenopeica. Queremos celebralo contigo! A cámara escura (ou cámara sen obxectivo) é o sistema máis elemental de formación de imaxes usado por artistas do século XVI ao XIX. Consiste no reemprazo do lente por un orificio a través do cal pasa a luz, trasladando a imaxe no sorporte fotosensible do outro extremo. Nesta actividade buscamos poñer en práctica esta técnica e levar as copias das fotos que tomemos para casa, revelando nós mesmos as nosas fotografas.

  • Non son necesarios coñecementos de fotografía.
  • É unha actividade apta para todas as idades a partir de 8 anos (os nenos virán acompañados dun adulto).

Data: Domingo 28 de Abril de 2019
Hora: 10.30 a 13.30h e 15.00h a 18.30

Lugar: Asociación Xuvenil Ítaca

ABRIL 2019

 

Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30

Mínimo 15 participantes

Esgotado

Categorías: , Etiqueta:

Descripción

A fotografía estenopeica propón unha metodoloxía de ensinanza integral e aberta á experimentación estética. Grazas ao compoñente fortuito que supón primero, a creación artesanal dunha cámara fotográfica, a exposición tamén manual e por último, o revelado no laboratorio, acadaremos unhas imaxes irrepetibles xeneradas íntegramente por nós mesmos. Realizaremos a actividade nas inmediacións do Parque da Alameda de Compostela co fin de captar os elementos que nos chamen atención para realizar entre todos un “Álbum sen lente”.

Metodoloxía

No primeiro tramo da actividade, os participantes realizarán as súas cámaras, que estarán compostas preferiblemente por caixas de cartón, contribuíndo de paso ao reciclaxe de envases 😉 O desarrollo e posta en funcionamento desta modalidade de fotografía é moi emocionante e non ten por que ser perfecta… De feito, ahí está a gracia. Prepararemos o soporte e explicaremos un chisco de teoría.

Na segunda parte do obradoiro, sairemos ao Parque da Alameda a retratar o espazo, ás árbores, aos compañeiros ou a nós mesmos e voltaremos a revelar as imaxes segundo as técnicas tradicionais de laboratorio analóxico.

As fotografías formarán parte da páxina oficial do Da Mundial da Fotografía Estenopeica, observando os traballos procedentes doutros recunchos do mundo. Aquí as temos!

“O Avó” no Parque da Alameda
Parque da Alameda – Ferradura
Guardería de Santa Susana de Antonio Palacios (1908)
As Marías

 

 

 

 

 

Obxectivos do obradoiro

Aprenderemos a técnica ancestral da cámara escura e pasaremos un bo rato entre persoas curiosas!

  • Construción dunha cámara estenopeica artesanal.
  • Captación de 5 fotografas.
  • Procesamento das copias en laboratorio analóxico para levar para casa.
  • Participar nunha actividade lúdica a nivel global!

Que se precisa?

  • Unha caixa de cartón ou lata con peche hermético
  • Opcional levar un pique-nique para compartir cos compañeiros/as na hora de almorzar pois a actividade, en definitva, é participar en comunidade!

Entradas

A entrada individual inclue a supervisión e orientación para realizar unha cámara artesanal e da captación e revelado de 5 fotografas en formato 10 x 15 cm ou 13 x 18 cm, dependendo do tamaño do soporte.

No caso dos asistentes con idades de menos de 12 anos (inclusive), cada entrada conta para unha unidade familiar ata tres persoas, isto é: un neno con ata dous adultos que o acompañen, que compartirán unha única cámara e realizarán as 5 fotografías. No caso de querer engadir a máis participantes (irmáns dentro destas idades), o prezo aumenta en 10 euros, puidendo realizar outra tanda de 5 fotografas coa mesma cámara artesanal.

Para calquer pregunta, non dubides en poñerte en contacto con nós a través do formulario de contacto ou o teléfono ao pé da web.