Fotografía de retrato con Edu Portela

65,00 IVA incl.

Fotografía de retrato en Bonaval

Obradoiro fotográfico con Edu Portela nas inmediacións do parque de San Domingos de Bonaval onde asociaremos ao suxeito da nosa fotografía en relación co ollo do participante e o entorno no que ambos se atopan.

Data: Sábado 30 de Marzo de 2019
Hora: 10.00 – 15.00

MARZO 2019

Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Mínimo 5 participantes

Esgotado

Categoría: Etiqueta:

Descripción

O parque de San Domingos de Bonaval mudou a súa identidade en distintas ocasións ao longo do tempo, mais o que perdura é a súa grandiosidade coñecida por propios e estranos. Coñecendo o contexto e historia deste enclave, aprenderemos a relacionar o suxeito co entorno, establecendo un diálogo único e persoal que será perceptible na imaxe.

Metodoloxía

O obradoiro comezará cunha breve introducción na que veremos aos principais autores nesta disciplina e as súas metodoloxías de traballo. A parte central deste obradoiro será a práctica, coa que veremos como compoñer unha imaxe partindo de cero, aproveitar a luz existente e escollendo dentro do entorno natural de Bonaval aqueles espazos que mellor axuden a construir a imaxe que queremos realizar. O alumnado traballará con disparos limitados para forzar a capacidade de observar e pensar antes de disparar.

Obxectivos do obradoiro

Preténdese conseguir que o alumno medite a imaxe que quere tomar antes de disparar e sobre todo, aprender a prescindir de todo o superfluo nun retrato. Buscamos obter un mínimo dunha soa imaxe que cumpra os requisitos que plantexaremos durante a parte teórica deste obradoiro.

Que se precisa?

  • Calquera dispositivo que poida rexistrar unha imaxe, xa sexa unha cámara réflex, un móbil ou tablet.
  • Trípode de ser posible.

Poñemos a disposición o servizo de aluguer de equipos fotográficos, bota unha ollada!

Biografía do autor

 


Edu Portela
(Río Piedras, Puerto Rico), 1982

Fotógrafo especializado en retrato e espido artístico. Especialmente interesado en procesos analóxicos e cunha ampla experiencia como fotógrafo comercial para grandes eventos, nace nunha illa do Caribe en el 1982. Interesado pola fotografía na súa adolescencia, comenza a formarse en Laboratorio de Imaxe en Vigo.

Actualmente está a presentar o seu primeiro foto-libro “Primavera Negra” no ancho e longo de Galicia, ademáis das diferentes exposicións que presentan o seu traballo destes anos.