Fotografía arquitectónica con Peter Schneider
65,00€ IVA incl.
Obradoiro de fotografía arquitectónica
Roteiro fotográfico con Peter Schneider atravesando a zona monumental coa finalidade de retratar as composicións arquitectónicas percibidas polo participante.
Data: Sábado 18 de Maio de 2019
Hora: 10.00 15.00
MAIO 2019
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Mínimo 5 participantes
Esgotado
Descripción
A cidade de Compostela está chea de formas que compoñen as fachadas, fiestras, columnas, arcos, portais, mobiliario urbán… As siluetas que atopamos no noso camiño son froito de creacións e incluso caprichos de diferentes épocas arquitectónicas. Este entramado composto por ángulos, curvas, desniveis e xeometría en xeral, servirá de contexto para a realización dun álbum fotográfico das formas urbás da nosa cidade.
Metodoloxía
Introducción teórica das bases da técnica de fotografía de arquitectura. Faremos unha ruta atravesando o terretorio da cidade, realizando en común as primeiras imaxes como tomas a modo de boceto se é preciso, para solucionar problemas que poidan xurdir técnicamente. Seleccionaremos os edificios e estruturas que máis nos interesen relizando o noso percorrido fotográfico en grupos ou de forma individual.
Obxectivos
Capturar fotografías de arquitectura, elixindo os puntos da vista, a luz e momento que favoreza a nosa idea de imaxe desexada. Solucionar dificultades na técnica, pensando nas posibilidades de postproducción en formato dixital ou analóxico.
Que se precisa?
- Dispositivo fotográfico (cámara, teléfonos móbiles, tablets…) dixital ou analóxico
- Trípode e obxetivo angular idealmente
Poñemos a disposición o servizo de aluguer de equipos fotográficos, bota unha ollada!
Biografía do autor
Peter Schneider
(Frankfurt, Alemaña), 1963.
Dende 1988 traballa como fotógrafo en estudios de fotografía social, publicidade e en axencias publicitarias.
En 1992 comezou o seu traballo como freelance. En 1993 gaña a Beca de Arte Fotográfico del Estado Federal de Baja Sajonia cuhna serie sobre Galicia. De 1998 a 2004 vivíu en Malpica (A Coruña), residindo actualmente na cidade de Lugo, na que levou a cabo distintas exposicións, igual que en Compostela. Actualmente continúa a súa labor en fotografía social e exercendo tamén como profesor de fotografía.