Roteiro Fotográfico en Santiago de Compostela

35,00 IVA incl.

Idioma: Galego

Sen dúbida, a figura do Apóstolo e a peregrinaxe cara Santiago son cuestións que resultaron imprescindibles para o desenvolvemento de Compostela, pero existen outros motivos que acompañaron este grande impulso econónico e social na cidade. As pasaxes históricas que percorreremos axudarán a comprender a imaxe da cidade actual en comparación co seu pasado: a súa estrutura, as modificacións que foron sufrindo a rede viaria, a paisaxe urbana e a natural. Con eles como contexto, realizaremos as fotografías que levarás como recordo da túa estancia na cidade de Compostela.

  • Non son necesarios coñecementos de fotografía.
  • É unha actividade apta para todas as idades a partir de 8 anos (os nenos virán acompañados dun adulto).

Horario: 11h a 13h (con descanso para repoñer forzas)
Dificultade de marcha: Medio
Equipo fotográfico necesario: Sen precisar
Prezo entrada individual: 35 euros
De 12 a 17 anos: 15 euros
Menores de 12 anos: Gratis
Descontos para grupos e aulas: Consultar

Categoría: Etiqueta:

Descripción

Nesta visita atravesamos as prazas máis importantes, as rúas máis características e algún dos fermosos parques que rodean a cidade. Tamén nos achegaremos un pouquiño máis aló no discurso histórico, seguindo os testemuños da Compostela da época e as situacións que sucedan no noso camiño, pois en Santiago calquer cousa pode pasar!

Recomendacións

Atravesaremos escaleiras, pasadizos, parques, soportais… Por iso o mellor é calzado cómodo para camiñar durante 2 horas aproximadamente. Pero que non cunda o pánico..! Temos previsto un descansiño para tentempé. Podes traer unha botelliña de agua, iso si.

O ideal sería tentar elexir o equipo fotográfico máis lixeiro posible, sendo o móbil ou tablet perfectamente válidos para realizar as postais da cidade. Se te decides a traer unha cámara reflex ou mirrorless, pode ser boa idea o uso dun obxectivo versátil en lugar de traer todas as ópticas das que dispoñas. Poderemos poñer en práctica moitos tipos de fotografía ao longo do roteiro, por iso precisamos facilidade de movementos para vadear os escenarios que atropemos.

E se chove?

Non te avisaron? En Santiago sempre pode chover! É boa idea traer chubasqueiro e algo para protexer o teu equipo das inclemencias do tempo. Cada participante farase responsable da integridade do seu equipo durante a visita. No caso de chuvia feble ou intermitente, a visita pode seguir en pé. Antes de non atender á cita pregámosche que nos avises. Se tes dúbidas, ponte en contacto ou le as condicións do servizo.

 

Horario: 11h a 13h (con descanso para repoñer forzas)
Dificultade de marcha: Medio
Equipo fotográfico necesario: Sen precisar
Punto de encontro: Praza do Obradoiro (Entrada Pazo de San Xerome)