Fotografía de rúa con Xoán Crespo

65,00 IVA incl.

Fotografa de rúa

Obradoiro fotográfico con Xoán Crespo a través da zona do ensanche observando a súas dinámicas, o percorrido da luz, o movemento da cidade e as relacións das persoas co entorno e entre elas.

Data: Sábado 11 de Maio de 2019
Hora: 10.00 – 15.00

MAIO 2019

Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Mínimo 5 participantes

Esgotado

Categoría: Etiqueta:

Descripción

A fotografía non trata de aquilo fotografado, trata de como se ve aquilo cando é fotografado. Garry Winogrand.

Partindo desta aseveración, percorreremos a zona máis urbana da nosa cidade e a través desta disciplina (amplísima en canto a posibilidades), que é a foto de rúa. Trataremos de encontrar como queremos contar nós a nosa cidade.

Metodoloxía

O taller comezará cunha introdución teórica sobre o que se entende por foto de rúa. Faremos unha pequena revisión sobre diferentes autores e a súa obra, para coñecer o diversa que pode ser esta disciplina. Falaremos de como afrontala.

Na segunda parte sairemos á rúa a poñer en práctica o visto anteriormente. Tentaremos ver e captar o que pasa ao noso redor, xogaremos coa luz, o encadre, a cor, as persoas e os xestos, a arquitectura… Ao longo do percorrido irei facendo propostas, sobre os diferentes tipos de fotografía de rúa, para ver in situ como afrontala.

Obxectivos do obradoiro

A idea deste taller é ofrecer unha visión ampla da fotografía de rúa, coñecer os diferentes estilos e poñelos en práctica, para que logo podades profundar no estilo no que vos encontredes máis cómodos e cómodas. Transmitir a idea de goce que supón o camiñar pola cidade coa mente aberta, concentrados no que pasa ao noso redor e sendo conscientes da vida cotiá.

Seguindo coa idea de Winogrand, ver como luce a nosa cidade nas fotografías, e intentar que se poda ulir a rúa mirando a foto como di Bruce Gilden.

Que se precisa?

  • Dispositivo fotográfico
  • A túa curiosidade e poder de observación
  • Calzado cómodo

Poñemos túa disposición o servizo de aluguer de equipos fotográficos, bota unha ollada!

Biografía do autor

Xoán Crespo Bernárdez
(Pontevedra), 1967.

Estudei fotografía no Institut d’Estudis Fotogrfics de Catalunya, exercendo como profesional dende 1989. Son fotoxornalista colexiado no CPXG. O meu traballo ten sido publicado en gran parte dos diarios de tirada nacional así como en todos os xornais galegos. Dende 1992 fago xornalismo institucional.

No traballo persoal son un autor ecléctico. Interésame na miña produción tanto as propostas artísticas como as documentais, chegando incluso a mesturalas. O meu traballo céntrase preferentemente nas persoas, o entorno e como esta relación crea identidade. Para ver a parte do meu traballo máis centrado na foto de rúa podedes seguirme en Instagram e outro tipo de traballos na web.

Exposicións: Galicia en Foco en Ferrol, Rexistro de imaxes, Mulleres no obxectivo en Compostela, na Sala Nautilus en A Coruña ou no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, entre outras. Seleccionado para algunhas mostras fora de Galiza, participei na Feira nacional de artistas Cultur3 Club, en Gijón e para a XVIII edición de entreFotos, Casa del Reloj, Matadero Madrid, para a XIV Bienal Internacional de Fotografía de Tenerife. No ano 2017 gañei o XIII premio de creación fotográfica Luis Ksado, da Deputación de A Coruña.