O Camiño da Luz con Xaime Cortizo
65,00€ IVA incl.
O camiño da luz en Compostela
Roteiro fotográfico con Xaime Cortizo no que aproveitaremos os cambios de luz para captar os distintos matices sobre as estruturas e paisaxes de Compostela: da hora dourada aos dourados da noite.
Data: Sábado 27 de Abril de 2019
Hora: 17.00 – 22.00
ABRIL 2019
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
Mínimo 5 participantes
Esgotado
Descripción
A luz e as sombras de Compostela serviron de escenario para milleiros de historias, lendas, faladuras… pero tamén de sucesos reais que condicionaron a morfoloxa actual dalgúns puntos na cidade. Coñeceremos estas pasaxes históricas xurdidas pola maneira en que a luz cae sobre a pedra granítica de Compostela, mentres retratamos eses espazos aproveitando o dramatismo e beleza do solpor e as horas dourada e azul ata o comezo da noite.
Metodoloxía
Ruta fotográfica para desfrutar, descubrir e captar os matices da luz en Santiago de Compostela, ao ritmo dos raios do sol e do son da Berenguela. A través de perspectivas insólitas da pedra e as persoas iluminadas cunha luz en permanente cambio, chegaremos fronteira da noite, instantes únicos que captar coas nosas cámaras e as nosas retinas.
Obxectivos do obradoiro
Experimentar o cambio da luz, tentando percibir novas realidades a través da nosa cámara fotográfica ou o noso teléfono móbil, experimentando distintas formas de mirar, conectando con todo aquilo que nos vaiamos atopando no noso camiño, marcado polo cambio da luz.
Que se precisa?
- Calquer dispositivo que permita un traballo en modo manual, dende un teléfono móbil a unha cámara profesional.
- Trípode opcional
Poñemos ta disposición o servizo de aluguer de equipos fotográficos, bota unha ollada!